As actividades do Culturgal Expandido, programa paralelo da Feira das Culturas Galegas, chegan por vez primeira á provincia da Coruña. A Capela da Madanela, en Arzúa, acolle estes 11 e 12 de outubro as actividades desta proposta, que conta co apoio da Deputación da Coruña. Con esta iniciativa, Culturgal quere "achegar propostas culturais de calidade ás vilas e ao rural, fóra dos tradicionais núcleos urbanos".
O proxecto, con entrada de balde e para todos os públicos, recolle actividades de diferentes ámbitos culturais. A presentación de Indolente, de Alberto Mancebo, abre este programa, que continuará coa charla Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia? a cargo de por Severino Fernández Abel. Actuacións de Clopas e de Su Garrido Pombo fecharán esta primeira xornada.
No dÃa 12, a proposta reúne o teatro infantil de Miguel Guido, que representará O lobo feliz, un concerto de MagÃn Blanco e mais a presentación de Ser cetáceo de Francisco Xosé Fernández Naval. Unha entrevista con Xurxo Souto e LucÃa Aldao, e concertos a cargos de Xurxo Souto e de LucÃa Aldao completan o programa. A anterior xeira desta programación desenvolveuse en 2023 en Vigo.