Josefa Juncal Barreiro naceu en Tordoia en 1932 e morreu hoxe en Bastavales (Brión) aos 92 anos. A súa parroquia de adopción converteuse nun momento dado no seu apelativo máis coñecido como cantareira e pandereteira cando grazas a unha relación xurdida de xeito casual con Manu Chao comezou a colaborar co artista galego-francés ata o punto de acompañalo en concertos por Francia e Barcelona cano ela xa tiña máis de 70 anos. Múltiples foron as súas aparicións en programa da TVG, dedicándolle incluso un monográfico do Alalá. A súa casa en Brión foi lugar de reunión de músicos galegos que Ãan inspirarse nela, auténtica posuidora dun don para a música na que foi autodidacta, e como representante dunha tradición de cantareiras e pandereteiras.
A súa autenticidade e calidade foron recoñecidas por moitos dos músicos da xeración Bravú, como Xurxo Souto e outros e levouna a subir aos escenarios acompañando a artistas como Mercedes Peón, Cristina Pato, Susana Seivane ou mesmo The Chieftains. A súa avanzada idade nese momento motivou unha curta traxectoria e fai 10 anos foi obxecto dunha homenaxe por parte da asociación Gentalha do Pichel en Santiago, que acudiron moitos artistas que compartiron a súa lareira. O realizador Rubén Riós dedicoulle un capÃtulo da súa webserie "Arrieiros somos", no ano 2021. A capela ardente de Xosefa está no Tanatorio Apostol en Bertamiráns (Ames) e mañá xoves á tarde terá lugar o seu funeral en San Xulián de Bastavales.