Berrogüetto é o único representante galego nos premios da música

O seu Alalá da noite levou o premio á mellor canción en galego

28/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A presenza galega entre os gañadores dos XV Premios da Música que restrinxida á categoría de mellor canción en galego. O Alalá da noite de Berrogüetto impúxose aos temas de Mercedes Peón, Cristina Pato e Rosa Cedrón que quedaron finalistas. Siniestro Total, que tamén optaba ao galardón, anunciara no seu web que renunciaba á súa candidatura ao considerar que tiñan máis dereito ao premio músicos que desenvolven a súa carreira integramente na nosa lingua. O tema gañador é da autoría de Manuel Rivas, Quico Comesaña e Xabier Díaz, e fai parte do seu último álbum Kosmogonías.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berrogüetto, Manuel Rivas, Cristina Pato, Rosa Cedrón...