Falece o histórico xornalista Ramón Chao

Desenvolveu o groso da súa carreira profesional en Francia e faleceu en Barcelona

21/5/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadecomunicación
42 lecturas | Compartido 0 veces

Na tarde de onte finaba en Barcelona, aos 82 anos de idade, Ramón Chao. O histórico xornalista, Cabaleiro das Artes e as Letras en Francia e Premio Galicia de Comunicación, foi responsable durante anos do servizo cultural en español e portugués de Radio Francia e colaborador de medios como Triunfo ou Le Monde. Comprometido activista a prol da nosa lingua e cultura, foi autor dunha ampla obra literaria e ensaística na que se inclúen textos sobre a globalización, estudos sobre La Bella Otero, Prisciliano, o Che ou o Prestige entre outras múltiples cuestións. Nos últimos anos foi obxecto de diferentes recoñecementos en Galicia, entre eles o da súa Vilalba Natal, onde se lle dedicou unha escultura. Ramón Chao é coñecido tamén por ser pai do músico Manu Chao.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Chao, Francia, Barcelona, Manu Chao...

Claves

Protagonistas
Conceptos