
As principais ferramentas para vehicular este contido tan emocional son a danza, o espazo sonoro-musical, a voz, o texto e a instalación, que mesturadas compoñen unha experiencia vivencial moi próxima a un lugar de intimidade onde atopar un espazo de liberación enerxético pouco habitual. O autor presenta unha experiencia escénica "afastada dun perfeccionismo técnico, para achegar ó público a un testemuño artÃstico no que encarno unha enerxÃa compartida froito das experiencias vitais que ambos vivimos de xeito paralelo". Este traballo púidose levar a cabo gracias ó apoio de A Casa Vella a través dunha axuda PICE, da convocatoria de residencias artÃsticas Atopémonos Bailando, do MUSEO MIHL de Lugo, do Festival Escora, da plataforma galega para artes performativas contemporáneas De Corpos Presentes e do Espazo de intervención artÃstica da Universidade de A Coruña, NORMAL. Os dÃas 27, 28 e 29 ás 20:00h poderase ver esta montaxe.