O Ourense Film Festival (OUFF) recoñecerá na súa 29º edición coa Calpurnia de Honra ao director Rodrigo Cortés (Pazos Hermos, Cenlle, Ourense, 1973). O OUFF quere sinalar a súa "condición de singular contador de historias na cinematografÃa española das dúas últimas décadas, polo seu frescor narrativo e polo seu manexo dunha linguaxe elegante nas formas". Ademais, poñen en valor "a súa orixinal escrita literaria na que poden rastrearse trazos quizais vinculados a súa orixe ourensán-galaica, que, ao cabo, redondean a un personaxe sen par".
A traxectoria cinematográfica de Cortés destacou dende os seus inicios, a curtametraxe '15 dÃas' (2001) é a curta máis premiada do cinema español con 57 galardóns e acadou grandes recoñecementos de crÃtica e público con filmes como 'Buried' (2010) Premio Goya a Mellor Montaxe e protagonizada por Ryan Reynolds. En 'Luces Rojas' (2012) traballou cun reparto de estrelas como Robert de Niro e Sigourney Weaver. O 31 de outubro chegará aos cinemas a súa nova pelÃcula 'Escape' unha adaptación da novela de Enrique Rubio sobre un conflitivo preso nunha cárcere, protagonizada por Mario Casas, Anna Castillo e Guillermo Toledo, entre outros, conta na produción con Martin Scorsese.
Cortés combina o seu traballo de cineasta co de escritor, 'Sà importa el modo en el que un hombre se hunde' foi a súa primeira novela, publicada en 2014. Tamén é autor dos tÃtulos 'Dormir es de patos' e 'Los años extraordinarios', o pasado mes de maio publicou a colección de relatos 'Cuentos telúricos'. É un colaborador habitual do diario ABC, onde firma Verbolario, un dicionario satÃrico que inspirou o seu quinto libro, do mesmo tÃtulo.