Calpurnia de Honra do OUFF ao cineasta Gonzalo Suárez

Adaptou 'A esmorga' de Blanco Amor ao cine así como obras de Pardo Bazán e Valle-Inclán

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Gonzalo Suárez                                      Foto: OUFF

Gonzalo Suárez Foto: OUFF

O director, guionista e escritor asturiano Gonzalo Suárez (Oviedo, 1934) recibirá a Calpurnia de Honra da 26 edición do Ourense Film Festival (OUFF). Este galardón é o máis prestixioso do festival ourensán e busca recoñecer a figuras destacadas do cinema polas súas aportacións vitais e carreiras no panorama audiovisual. Da súa relación coa cultura e a terra galegas cabe destacar que o cineasta foi o primeiro en adaptar para o cine español a un escritor ourensán da talla de Eduardo Blanco Amor e a súa carismática novela "A esmorga" (Parranda, 1977), ademais de ter adaptado ao cine textos de autores universais galegos como a condesa de Pardo Bazán ("Los pazos de Ulloa" (1985) e Valle-Inclán (Beatriz, 1975). A Calpurnia de Honra seralle entregada a Gonzalo Suárez nunha gala a celebrar no Teatro Principal de Ourense, o luns 27 de setembro.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Calpurnia, OUFF, Esmorga...