Unha ducia de voces para lembrar a Luísa Villalta

O Consello da Cultura organiza o acto 'Entender para vivir'

A imaxe, titulada Irmá Luísa, Muller Faro de longa ollada foi creada por Ana Pillado Vega para o volume de homenaxe.
A imaxe, titulada Irmá Luísa, Muller Faro de longa ollada foi creada por Ana Pillado Vega para o volume de homenaxe.
O Consello da Cultura Galega acolle este mércores, 18 de setembro, o recital "Entender para vivir", unha homenaxe a Luísa Villalta no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Este evento está directamente relacionado e serve de presentación do volume titulado 'Luísa Villalta: Entender para vivir' publicado pala institución o pasado mes de maio. O libro, coordinado por Dolores Vilavedra, naceu como un espazo para o diálogo entre Luísa e un grupo de persoas que, sendo referentes no sistema cultural galego, mantiveron en vida vínculos coa autora e a súa obra. É precisamente unha ducia destas amizades quen participa no recital para poñer voz e conversar coas letras da autora homeaxeada este ano polo Día das Letras Galegas. Un diálogo polifónico que combina xornalismo, narrativa, ensaio, teatro ou poesía para nos achegar á obra de Villalta. A listaxe de participantes está conformada por : Xosé María Álvarez Cáccamo; Estíbaliz Espinosa; Eduardo Estévez; Francisco Fernández Naval; Míriam Ferradáns; Chus Pato; Henrique Rabuñal; Román Raña; Xurxo Souto; Marga do Val; Miro Villar. O evento poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do CCG.