
A obra conta con dirección e adaptación de Nazan L. Bamio, e coas interpretacións de Sandra Gade, Celina Fernández Ponte e Marcos Grandal, ademais da colaboración de Marcelino de Santiago 'Kukas' para a creación de monicreques. A escenografÃa, vestiario e atrezzo e deseño de iluminación deste espectáculo corre da man de As Dúas E Punto. 'O Rexurdimento do Divino Sainete' preséntase coma un espectáculo visual, no que se traslada o universo creado por Curros para invitar a pensar sobre o noso contexto social a través do amosado na peza de Curros e o seu enxuizamento. Como o incremento da intolerancia ou do extremismo nas opinións e ideas, os conatos de censura e situacións de autocensura, o sensacionalismo á hora de abordar certos temas delicados, as guerras incivÃs que nos rodean, o exceso da avaricia na toma de decisións que se amosa na corrupción, moral ou económica e todo a través da ironÃa, a sátira e o humor. LaGriot'te é unha empresa galaico-andaluza fundada en Londres polo produtor e director de escena Nazan L. Bamio e a actriz e directora de movemento Sandra Gade. A estrea terá lugar no Auditorio Municpal de Celanova este 15 de setembro ás 20:00 horas.