Ás portas da súa 29º edición, que será do 27 de setembro ao 6 de outubro, a dirección do Ourense Film Festival (OUFF), organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia, ven de facer públicos os resultados dun informe de impacto económico sobre a edición do pasado ano. Segundo este traballo realizado pola consultora RedCo3 a edición 28º do OUFF de 2023 xerou un retorno económico, a nivel de difusión de imaxe e novas do festival, de 5.900.000 euros. Estes datos confirmarían un retorno de 13 euros por cada euro invertido do seu orzamento total. Segundo a organización do OUFF, con estes resultados o festival consolídase como o evento da provincia que conta cun maior impacto en medios de comunicación e redes sociais, acadando unha gran visibilidade para a cidade de Ourense e a provincia nos medios de comunicación.
Na próxima edición, a número 29º da historia do festival, o OUFF continuará facendo de Ourense o centro do cinema con estreas nacionais e internacionais. Nesta edición unha das figuras homenaxeadas será o cineasta ourensá Carlos Velo, coa estrea dunha versión restaurada do filme Raíces, que cumpre 70 anos. Por outra banda, o OUFF aumenta o seu compromiso cos novos talentos do cinema nas súas seccións Fas Muvis ,un concurso no que varios equipos teñen que rodar unha curta durante o festival, e Fas Curtas, o certame de curtametraxes dirixido ao alumnado e novos profesionais do sector. A programación completa do festival así como as e os premiados da próxima edición desvelarase proximamente. Ademais, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá unha exposición do fotógrafo Manuel Outumuro, un dos nomes de referencia na fotografía contemporánea con proxectos vencellados cos actores e directores do cinema español. Outumuro é tamén o autor do cartel oficial da 29º edición.