A imaxinación musical do Baldo Martínez Sexteto

O álbum 'Música imaginaria' xurde dun proxecto producido polo Festival de Vitoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A imaxinación musical do Baldo Martínez Sexteto

"Danza imaginaria" é o tema de presentación de 'Música Imaginaria' (karonte Dsitribución, 2024), novo traballo do sexteto liderado polo contrabaixista Baldo Martínez e que comparte con Julián Sanchez (trompeta e fiscorno), Juan Saiz (saxos e frauta), Joâo Barradas (acordeón), Andrés Coll (vibráfono e marimba) ea tamén galega Lucía Martínez (batería e percusión). Este disco, xurdido dun proxecto producido polo Festival de Jazz de Vitoria 2023 como encarga a Baldo Martínez, deu neste traballo discográfico que tivo a presentación oficial na edición deste ano do festival. Vencellado directa e explicitamente cos sons do folclore galego, o disco ofrece mostras da calidade dos seis artistas que nel conflúen e a súa capacidade para o "free jazz", improvisando a partires das composicións de Martínez e sesións de estudio ou directos. Unha mostra do poder da imaxinación musical que dá nome ao álbum en claves contemporáneas.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Ao ritmo de Novoneyra

Ao ritmo de Novoneyra

Baldo Martínez e Maite Dono adaptan o homenaxeado no Día das Letras en Sons-Nús

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vitoria, Jazz, Danza, Medios de comunicación

Claves

Lugares