Nani García substitúe a Baldo Martínez á fronte do Imaxina Sons

O certame volverá as rúas de Vigo a finais de xuño de 2011

17/12/2010 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
4 lecturas | Compartido 0 veces

Nani García. Fotografia de Manuel Lemos

O Imaxina Sons, o festival dedicado ao jazz que acumula seis edicións en Vigo, ten novo director artístico. Nani García substitúe a Baldo Martínez, director e alma máter deste encontro desde o seu nacemento. Nani non é un estrano para o encontro onde xa participou como director do “Imaxina Jazz Orquestra” nunha homenaxe a Antonio Cal, saxofonista xa desaparecido que formou parte de Clunia ( grupo pioneiro deste estilo musical en Galicia e no que tamén estiveron tanto Baldo Martínez como Nani García). A vindeira edición, que desenvolverá entre finais de xuño e principios de xullo, estreará un novo modelo organizativo, no que Nani García coordinará a unha mesa de asesores que fará achegas ao deseño do festival. O Imaxina Sons está consolidado como unha cita de referencia ao redor do jazz europeo e cunha especial atención ao jazz feito en Galicia.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares