Avishai Cohen deu comezo ao Imaxina Sons

O VII Festival de Jazz de Vigo prolóngase ata o vindeiro 25 de xuño

17/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O contrabaixista Avishai Cohen daba onte comezo á sétima edición do festival de jazz de Vigo, Imaxina Sons. Ata o vindeiro 25 de xuño continúa a programación deste evento, que contará coa presenza de figuras como Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley e John Taylor. Malia a que o orzamento do festival descendeu este ano un 30%, o seu director, Nani García, salienta o nivel acadado nesta xeira e apunta que o evento se abre a novas latitudes. En canto a músicos galegos, cóntase coa presenza de Xan Campos e Pablo Seoane.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Vigo, Nani García

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares