A arpa ten o protagonismo en Noia entre os días 8 e 10 de agosto. A úndecima xeira do Noia Harp Fest chega con oito concertos e novos escenarios. Música clásica, folk, experimental, rock e jazz combínanse nun programa que conta con formacións chegadas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucraína.
O encontro, que se presenta como "o único evento cultural do noroeste peninsular que ten como eixo vertebrador a música producida pola arpa", está codirixido por Rodrigo Romaní, Beatriz Martínez e Alba Barreiro co apoio do Concello de Noia, da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña.
Nesta edición, o evento amplía os seus escenarios ata un total de seis espazos. O Claustro de San Francisco e a Rúa do Curro súmanse aos habituais da Igrexa Museo de Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela, o Liceo de Noia e a Praza do Tapal, a manter de balde todas as entradas do programa.
Unha Foliada de benvida con Iván García, Nuria de León o grupo de arpistas de SonDeSeu e a banda do NHF iniciará o programa de concertos o día 8. O 9 a alemá Nadia Birkenstock amosará as súa habilidade coa arpa celta na sesión de tarde, mentres a noite estará protagonizada pola ucraína Solomiia Savchuk e o dúo escocés Rachel Hair & Ron Jappy.
O día 10 será a quenda da francesa Camille Levecque e, xa na noite, as propostas máis experimentais desta edición co trío Descofar, a combinar tradición e rock, e mais o senegalés Momi Maiga, que presenta no evento o seu primeiro disco. Para alén destes recitais, o festival acolle, xa na súa primeira xornada, o Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia, que culminará cun concerto colectivo.