A Asociación pro-Fundación Manoel Vello vén de convocar a súa primeira xornada sobre "o uso do galego nos contornos dixital, laboral e radiofónico", chamando a atención sobre as "necesidades de actuación por parte do mundo asociativo de cara a garantir a presenza do noso idioma nestes ámbitos da sociedade galega". A xornada está deseñada para "inspirar o deseño de proxectos a elaborar por parte da Asociación Pro-Fundación Manoel Vello" e celebrarase o 2 de agosto no Hotel Santiago Apóstol da capital galega. Comezará cun relatorio a cargo de Pablo RodrÃguez, da empresa Dinahosting, e continuará sobre o uso do galego no contorno laboral, a través dos estudos de caso da Autoescola Mata, Otero Pombo e Hoxe Queixos, a seguir sobre o uso do galego no contorno radiofónico, con Santiago Veloso, de Ponte nas Ondas e Pablo GarcÃa, da Asociación de Medios en galego. Manoel Vello foi un activista galeguista finado recentemente que esta asociación quere lembrar a través da creación dunha fundación "destinada a fomentar o uso do galego".