46 obras da colección Abanca dialogan coa literatura na mostra "Pintura escrita. Arte e literatura. Colección Abanca". A mostra propón explorar o diálogo entre pintores e escritores a través dunha selección de cadros entre os que se inclúen artistas como André Lhote, Urbano LugrÃs, Manuel Viola, LuÃs Seoane, Antón Lamazares ou Pamen Pereira canda escritores como Platón, Thomas Mann, Paul Auster, Eduardo Pondal, RosalÃa de Castro ou Eduardo Balcno amor, entre outros. As obras preséntanse vinculadas a fragmentos literarios ou a exemplares de gran valor de algunhas das figuras destacadas, como a primeira edición do Galicia de Manuel MurguÃa, o manuscrito orixinal de La colmena de Camilo José Cela ou Follas Novas na edición de 1880. A exposición pódese visitar na Obra social Abanca (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela ata o 7 de xaneiro.