O Centro Obra Social ABANCA na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela presentou a exposición 'A arte de comezar e a arte de rematar. Obras para o milenio na Colección ABANCA'. A mostra, inspirada na obra literaria de Italo Calvino, reúne 50 obras seleccionadas de 39 artistas de relevancia internacional que forman parte do fondo artístico do banco.
'A arte de comezar e a arte de rematar' propón unha relectura dos valores literarios que Italo Calvino consideraba que se debían preservar no milenio no que agora nos atopamos: levidade, rapidez, exactitude, visibilidade e multiplicidade. Na mostra, estes cinco conceptos levan a unha dimensión puramente plástica, fundamentalmente no ámbito da pintura e a escultura. Con este xogo de relacións contémplanse e lense as obras da Colección ABANCA seleccionadas para esta exposición, na que se inclúen artistas como Kandinsky, Picasso, Dalí, Maruja Mallo, Ángelo de Sousa, Washington Barcala, José María de Labra ou Eugenio Fernández Granell, entre outros. A mostra poderá visitarse no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela ata o próximo 29 de outubro.