Os restos do Castro de Elviña, na Coruña, recibiron onte a visita dos participantes no simposio “Diálogos desde a arqueoloxÃa”, que organiza o centro da Universidade Nacional de Educación a Distancia nesta cidade. Os visitantes viron sobre o terreo as aplicacións prácticas das técnicas de escavación que se imparten no simposio. Desde Suecia chegará a vindeira semana un grupo de estudiosos para coñecer a Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico. Os quince visitantes, entre os que está a directora xeral de patrimonio do paÃs, visitarán Campo Lameiro e San Cibrán de Las. Pola súa banda, en Lugo o Concello acaba de anunciar a posta en marcha dun programa para dar a coñecer os restos romanos da cidade a máis de dez mil alumnos de entre tres e dezaseis anos.
Máis información sobre as visitas a Elviña en La Opinión e en El Ideal Gallego; sobre a delegación sueca en La Voz de Galicia sobre o programa de Lugo en El Progreso