O Castro de Elviña, o santuario de Berobreo e os restos de Toralla enfrontan cadansúa actividade de posta en valor

Castros, templos e vilas

24/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A difusión dos restos arqueolóxicos está estes días de actualidade. Por exemplo, na Coruña o público pode coñecer o resultado de cincuenta anos de escavación no Castro de Elviña na mostra que onte se abría na Fundación Luís Seoane. Ao tempo, o Concello de Cangas anunciou que xa dispón de terreos para o centro arqueolóxico que sobre o santuario de Berobreo se vai instalar ao pé do Monte do Facho. Finalmente, en Vigo, o concello sacou a concurso as obras para completar a musealización da vila romana de Toralla, que contará cunha torre desde a que se poderán observar os restos.

Máis información sobre a exposición de Elviña en La Opinión; sobre o Facho en La Voz de Galicia e sobre Toralla nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elviña, Vigo, Luís Seoane, Torre...