Nace a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras

A iniciativa pretende "cubrir o baleiro asociativo, e polo tanto político" existente no colectivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Fragmento da imaxe do programa Somos Pandeireteiras

Fragmento da imaxe do programa Somos Pandeireteiras

Co obxectivo de "cubrir o baleiro asociativo, e polo tanto político" que sofren as intérpretes de percusión tradicional galega, este 8 de xullo presentábase nas redes sociais a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras.

A iniciativa xorde a partir do proxecto Somos Pandeireteiras, que en 2021 desenvolveu en Carballo unhas xornadas pioneiras de reflexión e divulgación sobre este colectivo, e mantén o web e as redes sociais desta iniciativa.

Con Gisela Sanmartín como presidenta e Mercedes Peón na vicepresidencia, a nova entidade conta tamén con Ana Fernández como secretaria e con Mar Suárez a ocuparse a tesouraría.

Segundo apuntaba Ana Fernández en Facebook, "un dos obxectivos da asociación é crear narrativas conxuntas onde poidamos compartir a nosas experiencias, inquedanzas e aprendizaxes, así como posibles futuros da tocadoras galegas, poñendo sempre no centro o respecto polas tocadoras neste contexto patriarcal con valores totalmente alleos á creación colectiva".

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mercedes Peón, Facebook, Carballo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares