Baleiro organiza unha #redada sobre cultura e creación na era dixital

O encontro é este venres 9 de 19.30 a 21 h. na Facultade de Filoloxía da USC

| Santiago. Redacción | Seccións: Internet
Compartir:

Os encontros #redada naceron co obxectivo de "explicar, atender e debatir tendencias sociais e aspectos relacionados coa cultura, dereitos civís e tecnoloxía" e lévanse celebrando en Madrid, Barcelona, León, Valladolid, Sevilla. Este venres, os encontros celebraranse en Santiago de Compostela, organizados por Adrián Hierba e Baleiro, un colectivo de "persoas interesadas en facer cultura dun xeito aberto e participativo" sito nun anexo da Facultade de Filoloxía da USC, baixo o título de "Creación e cultura na era dixital". Está confirmada a presenza de Juan Gómez-Jurado, Manel Loureiro, Pedro Jorge Romero, Javier Pedreira "Wicho" e Adrián Hierba. O evento celébrase de 19.30h a 21.00h no local de Baleiro en Filoloxía e a entrada é libre.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Juan Gómez, Tecnoloxía, Valladolid...