Unha residencia artística afondará nas relacións entre corpo, tecnoloxía e ecoloxía

O prazo para participar está aberto ata o 30 de xuño

21/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
14 lecturas | Compartido 0 veces
A medio camiño entre unha residencia, un laboratorio de creación e un curso de verán. O colectivo Baleiro acaba de abrir o prazo de presentación de proxectos (ata o 30 de xuño) para recibir propostas de xente interesada en participar nun proxecto en progreso que aborde cuestión como o software e hardware libre, o transfeminismo, a interactividade, o storytelling, as cartografías experimentais, a performance, a háptica, o biohacking….O traballo desenvolverase principalmente en Baleiro, un espazo anexo á Facultade de Filoloxía da USC, apoiado pola Universidade pero de xestión independente entre o 19 e o 29de agosto.
É un evento comunitario, que sufragará o aloxamento de nove persoas do que dan en chamar AA (arco atlántico), unha rede distribuída de axentes culturais que funcionamos como unha plataforma de recursos para o impulso de proxectos na rexión do Arco Atlántico. O formato de traballo fomenta un sector libre, aberto e de balde no que as propostas se asenten no Do It Yourself e o Do It Together.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Entidades
Conceptos
Lugares