A iniciativa #engalegoleo chama a compartir a nosa literatura

Anima a recomendar obras galegas no Día do Libro mediante as redes sociais

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A iniciativa #engalegoleo chama a compartir a nosa literatura

Da man da CRTVG a Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil Galix presentábase hai unha semana a campaña #engalegoleo. Esta iniciativa pretende promover a literatura na nosa lingua animando aos lectores a compartir as súas referencias mediante as redes sociais, nomeadamente Twitter. Ademais, a proposta conta cun web propio no sitio da CRTVG. A coincidir co Día do Libro, a campaña chama a concentrar os chíos con este tag entre as 12 e as 14 horas de hoxe.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito