A cerámica chega ao MARCO en On the table

Seis artistas interveñen pezas de Isidro Blasco na nova exposición do museo vigués

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
De esq. a dta.: obras de Luis Salaberría, Sandra Rein, Din Matamoro, Virginia Frieyro, Teresa Moro, Montserrat Gómez Osuna. Fonte: MARCO

De esq. a dta.: obras de Luis Salaberría, Sandra Rein, Din Matamoro, Virginia Frieyro, Teresa Moro, Montserrat Gómez Osuna. Fonte: MARCO

Desde este 5 de xullo e ata o vindeiro 15 de setembro, o MARCO acolle On the table. A nova exposición do museo vigués achega intervencións de seis artistas sobre pezas de cerámica de Isidro Blasco.

A mostra parte doutro proxecto de Blasco titulado The Table Project, de 2020, na que diferentes artistas reinterpretaron os deseños orixinais de mesas dos anos 50 empregados para a rehabilitar a Casa-Taller Arcadio Blasco en Mutxamel (Alacante), pai do promotor.

Nesta ocasión, a se conectar de novo coa actividade como ceramistas dos seus proxenitores, Isidro Blasco propuxo intervir sobre pezas de olaría deseñadas por el e torneadas por Juan Carlos Fernández a Virginia Frieyro, Montserrat Gómez Osuna, Din Matamoro, Teresa Moro, Sandra Rein e Luis Salaberría.

Trátase dunha serie de cerámicas de diferentes formas e tamaños sobre as que as persoas participantes realizaron a súas interpretacións. As tramas de cor de Virginia Frieyro, os elementos vixitais e os cacharros de Gómez Osuna, as liñas simples de Matamoro, as revisións da Modernidade de Moro, as variacións xeométricas de Rein e as imaxes fantásticas de Salaberría amosan as posibilidades desta experiencia.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Din Matamoro, Carlos Fernández, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)