O MARCO abre a mostra 'Aínda sempre' de Laía Argüelles

A artista visual presenta nesta exposición un traballo realizado durante dez anos

A artista visual presenta nesta exposición un traballo realizado durante dez anos
Laía Argüelles Folch. La flâneuse (detalle), 2021. Libro de artista
Desde hoxe e ata o 10 de novembro está aberta no MARCO de Vigo a mostra 'Todavía siempre' [Aínda sempre], que reúne unha selección de obras dos últimos dez anos nos que a artista visual Laía Argüelles Folch (Zaragoza, 1986) ten desenvolvido a súa metodoloxía de pensamento e composición, a partir da investigación e o traballo con materiais atopados en rastros, tendas de coleccionismo e librarías de vello de diversos países. Libros de artista, series, proxectos que toman como base e fotografías atopadas, e que mediante sutís intervencións sobre textos e imaxes, a través de diversos formatos e técnicas de impresión, van xerando novas lecturas.

Laura González Palacios e María Seoane exercen de comisarias nesta exposición de produción propia polo MARCO en colaboración coa Deputaqción Provincial de POntevedra, na que a artista aborda aquí nocións como a materialidade, a colección e a repetición, mediante exercicios de montaxe, pregamento e despregamento. De entre máis da vintena de obras que compoñen a mostra, poderíase trazar un fío condutor nun percorrido pola memoria, o tempo e o espazo, dende 'Cómo vivir' (unha edición aberta iniciada en 2014) ata a máis recente 'Unha páxina', pasando por 'A flâneuse', que condensa boa parte das inquietudes da artista, ao igual que o libro de artista de diapositivas titulado '210' ou a serie 'Todavía sempre', que dá nome á exposición.
Ligazóns