A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia será declarada BIC

A Xunta lembra que é "unha das poucas manifestacións inmateriais vivas que evocan a entidade política histórica de Galicia"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Ofrenda do Reino de Galicia. Foto: Concello de Lugo

Ofrenda do Reino de Galicia. Foto: Concello de Lugo

En 1672 a Xunta do Reino de Galicia aprobou o donativo de 30.000 ducados para o culto ao Santísimo Sacramento da catedral de Lugo, principal elemento simbólico do templo. Desde entón, leva celebrándose ininterrompidamente a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que congrega na cidade luguesa aos alcaldes das sete antigas capitais de provincia do reino de Galicia nun acto que preserva, con poucas alteracións, a súa estrutura orixinal. Agora a Xunta de Galicia acaba de incoar o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a cerimonia, por tratarse dunha "celebración na que toda Galicia se ve representada, na que se une tanto a pate civil como a eclesiástica, nun só evento que supón un dos últimos expoñentes dese histórico Reino de Galicia, e unha das poucas manifestacións inmateriais vivas que evocan a entidade política histórica de Galicia que desapareceu administrativamente na primeira metade do século XIX".

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Catedral, Ben de Interese Cultural, Xunta de Galicia...