
A cerimonia celébrase desde 1668 no domingo seguinte ao Corpus Christi nun acto institucional e relixioso que conta cos mandatarios da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Desde 1925 o evento celébrase do mesmo xeito, cunha misa na catedral de Lugo coa presenza por rotación anual dun dos representantes municipais, a interpretación da Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia con gaitas en tres tonalidades e percusión e unha procesión pola cidade.
A orixe desta tradición está nun voto solemne que os rexedores fixeron en 1669, "ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior", segundo lembra a Xunta. Nos últimos anos a celebración estivo envolta en certa polémica pola negativa de varios alcaldes do paÃs a participar nun evento relixioso. Na actualidade a celebración está declarada Festa de Interese TurÃstico.