Oito comunidades galegas no exterior acollerán o ciclo Mestre Mateo

O programa achegará unha selección de filmes galegos a localidades de Europa e de América

4/6/2024 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
5 lecturas | Compartido 0 veces

A terceira edición do Ciclo Mestre Mateo levará a oito comunidades galegas no exterior os filmes finalistas dos premios deste nome. Centros en Rio de Janeiro e São Paulo (Brasil) La Plata e Avellaneda (Arxentina), Montevideo (Uruguai), Ingolstadt (Alemaña), Donostia (País Vasco) e Pamplona (Navarra) acollerán as proxeccións desta iniciativa que promove a Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración.
O programa inclúe os filmes O Corno, que levou o premio ao mellor longametraxe e Os Espazos en Branco, que foi Mellor Documental. Canda a estes, poderán verse os finalistas nestas categorías, cos documentais Chichi e mais eu, Emoción, vida e teatro. A nave das Marías e A viaxe de Lucy. En ficción, o ciclo achega as longametraxes ¡SALTA!, Fatum e Matria. As proxeccións desenvolveranse entre xuño e novembro.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal