Nove das producións audiovisuais gañadoras ou finalistas da recente edición do premios Mestre Mateo do audiovisual poderán ser vistas en oito centros das colectividades galegas fóra do noso país. A Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual veñen de renovar o acordo xa iniciado o pasado ano, para levar o Ciclo Mestre Mateo ata a comunidade galega fóra das nosas fronteiras. Oito centros de América, Europa e resto de España poderán ver nove producións relevantes das presentadas este ano aos galardóns, algunhas delas premiadas cos máximos recoñecementos das súas categorías, entre elas a multipremiada "O Corpo aberto". O programa desenvolverase entre os meses de abril e novembro.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu o interese da Academia por "colaborar, un ano máis, con nós para achegar o audiovisual que se realiza en Galicia ás nosas colectividades do exterior e tamén os veciños das localidades seleccionadas, que poden así gozar da cultura feita na nosa terra para os nosos galegos". Miranda destacou o éxito do ciclo do ano pasado que percorreu centros de Arxentina, Uruguai, Venezuela, Gran Bretaña, España e Alemaña. No caso do presente ano, os centros que colaborarán neste ciclo serán o Centro Gallego de Álava, a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, o Centro Galego de Lisboa, o Centro Gallego de México, o Centro Gallego de Salamanca, a Sociedade Galega Sementeira de Suíza e o Centro Español La Nacional de Manhattan. Tal e como explicou, pola súa banda o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, o programa conta cunha programación que inclúe "María Casares, a muller que viviu mil vidas", "Unicorn Wars" e "O Corpo Aberto", recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo. O resto de títulos que conforman o ciclo son o documental "A foreign song"; o thriller "Código Emperador"; a longametraxe "Live is life"; o documental "No somos nada"; o filme de animación Valentina e o documental "Onde máis doe".