Os premios Ari(t)mar, que organiza anualmente a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, daban a coñecer na mañá deste 15 de maio o fallo da súa categorÃa de poesÃa. A galega Silvia Penas, por Canto segundo para un fillo non nado foi escolleita polos votos do público como autora do mellor poema de 2023. Na banda portuguesa, o galardón recaeu en Silvia Mota Lopez polo seu traballo Há mulheres que trazem....
Un total de 4.000 votos seleccionaron as gañadoras desta xeira, que se impuxeron ás composicións galegas Declara a dor, de Chus Pato e entra o sol cheirar a casa, de Celso Fernández SanmartÃn, ás portuguesas A arte do roubo ás escuras de Joana M. Lopes, e muda de lugar... de César Pires.
A organización xa dera a coñecer o pasado mes de abril o fallo dos galardóns na categorÃa musical. O grupo galego De Ninghures impúxose como autor da mellor canción de 2023 por Morena, mentres no Alén Miño as votacións seleccionaron o traballo Na escola de Os Quatro e Meia. Máis de 10.000 votos decidiron o resultado desta categorÃa na que foron finalistas Caamaño&Ameixeiras e Mondra da banda galega e Miguel Araújo e Carolina Deslandes da portuguesa.
A organización dos galardóns outorgoulle ademais o premio á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado. Esta asociación é responsable de organizar, desde 1981 o recoñecido Festival de PoesÃa do Condado, evento "concibido como encontro de convivencia entre poetas da Galiza e doutras nacionalidades, entre elas as dos paÃses lusófonos", segundo salienta o fallo.