A Deputación de Pontevedra recuperará as escavacións na Lanzada

Investirá 390.000 en investigación, restauracións e postas en valor

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Visita dos responsables da Deputación de Pontevedra ao xacemento. Foto: Deputación de Pontevedra

Visita dos responsables da Deputación de Pontevedra ao xacemento. Foto: Deputación de Pontevedra

O xacemento arqueolóxico da Lanzada será obxecto dunha reactivación neste ano, da man da Deputación de Pontevedra, quen investirá 390.000 euros en diferentes accións. Así o manifestou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, nunha visita efectuada onte ao sitio arqueolóxico. Por unha banda, ampliarse cara o leste e norte a zona escavada nos últimos anos, e nas que apareceron estruturas e restos de gran interese para diferentes etapas históricas de Galicia. Por outra, vanse realizar prospeccións xeomagnéticas na contorna da capela da Lanzada, para coñecer que tipo de vestixios arqueolóxicos potenciais se atopan na zona na que tamén estaría situado o castelo medieval. E, por outra, vanse consolidar e musealizar as últimas estruturas arqueolóxicas atopadas. Isto contemplarase con outras accións de protección. Vaise anular un treito de acceso do viario sur á ermida para protexer o xacemento e tamén se vai pedir á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a ampliación da delimitación BIC, ata o momento establecida unicamente para a capela e a torre que se conserva.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Castelo, Torre, Dirección Xeral de Patrimonio...