Bota a andar a caravana que levará De Vilatriste a Vilalegre por un cento de concellos

A coprodución do CDG con Teatro ó Cubo inicia en Negueira de Muñiz a súa xira este 12 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Bota a andar a caravana que levará De Vilatriste a Vilalegre por un cento de concellos

A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollía na mañá deste 8 de maio a presentación de De Vilatriste a Vilalegre. A coprodución de Teatro ó Cubo e o Centro Dramático Galego, que se enmarca na conmemoración dos 40 anos desta entidade, é unha proposta que mestura títeres e traballo actoral e que percorrerá de xeito itinerante un cento de concellos de país.

A montaxe desenvólvese na Utópica itinerante, un camión que se tranforma en escenario e que permitirá que a obra chegue a prazas de toda a xeografía galega. A iniciativa nace coa vontade de homenaxear o teatro de rúa con que, segundo reivindicou Fran Núñez, director do Centro Dramático, naceu esta institución.

A obra, dirixida por Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño, que está acompañado no escenario de Uxía Algarra, parte dun texto de Roi Vidal Ponte narra o conflito que se desenvolve en Vilatriste cando chegan un novos moradores que descobre o poder que achegan as augas do lugar. A chegada dun novo alcalde e o perigo que enfronta a vila dan pé unha aventura para todos os públicos que emprega o humor satírico para falar da realidade do rural galego.

Negueira de Muñiz abre a xira do proxecto este 12 de maio. Ao longo do mes a obra visitará Monfero (14), Mesía (15), Meaño (16), Redondela (17), Cambados e Ribeira (18), A Estrada (19), A Pobra do Brollón (19), Moaña (24) Alfoz (25) Cervo e Lousame (26) e Nigrán (31).

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Centro Dramático Galego, Santiago de Compostela, Fran Núñez...