A compañía Dagoll Dagom inagura o día 1 o programa "Vigo en 6 actos"

Vigo comeza a tempada teatral montando un "Cacao"

"Cacao" é unha obra musical que a compañía Dagoll Dagom escenifica o día 1 de novembro no Teatro-Cine fraga coa que se abre o Ciclo de teatro organizado polo Concello vigués. O ciclo "Vigo en 6 actos" traerá á cidade 6 espectáculos tatrais ata o vindeiro 28 de decembro.

Primeiro acto



Na obra Cacao, o teatro independente e a mœsica latina danse a man nun espectáculo que ten mœsica, entre outros, de Juan Perro, o incombustible Santiago Auserón. É o primeiro acto dos seis que conforman o programa teatral que lles espera a todos os que se acheguen á cidade olívica de aquí ata finais de decembro. A obra, que ven autodefinida como un musical ten unha única actuación en Vigo e trás ela haberá que agardar ate o día 13 para o "segundo acto" deste programa teatral vigués, , cando se escnificará "Mujeres" de Mercé Rodoreda, unha obra na que, co telón de fondo da radio, catro mulleres contan cadansúa experiencia.


Obras consolidadas


As obras, tanto esta primeira como as cinco que a seguen, están consolidadas nos circuitos teatrais, xa sexa pola súa autoría como polas escenificacións, e veñen refrendadas por éxitos de crítica e público. Para o día 15 de novembro Lola Herrera e Chete Lera fan un "Concerto para 48 voces", onde enlazan textos de 48 autores como se fosen dun só. O 29 do mesmo mes escenificarase "Otoño en familia", unha adaptación de Adolfo Marsillach sobre un texto de James Saunders. O clásico de Calderón de la Barca "La vida es sueño" preséntase como superproducción o 21 de decembro, e o sexto e derradeiro "acto" o protagonizará a Compañia de Manuel de Blas poñendo en escena "Madrugada" de Buero Vallejo o día 28 de decembro, xa en pleno nadal.