Vigo adéntrase no suspense da man do ciclo de arte escénica "Moare"

Entremeses e platos fortes

O terror e suspense ó máis puro estilo Hitchcock chega a Vigo. E faino da man dunha nova entrega, do ciclo de arte escénica (Moare), que trae ó Teatro Cine Fraga "A muller de Negro". Menos intrigante será a representación de dous entremeses de Cervantes que a compañía Teatro Galileo desenvolverá hoxe e mañá no Teatro Principal. E isto como entrante do festival de danza, "En pé de pedra" que convertirá a zona vella de Santiago nun escenario durante tres días.

Vigo.... en suspense


O ciclo de arte escénica, Moare, chega a súa recta final. Esta noite o Teatro Fraga (20:30 horas) vestirase de negro para acoller a penúltima representación. Unha obra que se adentra no xénero do terror e do suspense e que conta a estraña aparición da pantasma dunha muller nunha mansión solitaria e tenebrosa. A obra, "A muller de Negro" está dirixida por Rafael Calatayud e interpretada por Emilio Gutiérrez Caba (decuberto no filme de Álex de La Iglesia, "A comunidade") e Carlos Vicente.


Clásicos á moderna


Os entremeses de Cervantes son a base da obra que Teatro Galileo pon en marcha hoxe e mañá no Teatro Principal de Santiago. Unha montaxe titulada "Os caprichos de Cervantes" que narra as peripecias de catro cómicos do Século de Ouro que fan que as personaxes que representan teñan tamén os seus propios problemas persoais.


Santiago, escenario múltiple

As rúas de compostela convértense durante tres días nas verdadeiras protagonistas culturais. E é que as rúas van ser os principais escenarios nos que sete compañías internacionais ofrecerán as súas montaxes. O festival de Danza, organizado polo Teatro Galán, chega así á súa sexta edición ofrecendo pezas de 15 a 30 minutos que se repetirán en diferentes espacios, sempre tentando sorprender ó viandante coa xestualidade e coa música.