Unha compañía galega actúa en Corea mentres comeza a tempada na Coruña

Ti a Seul, eu á Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A compañía compostelá Berrobambán foi seleccionada para representar a España no XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Teatro para Nenos e Mozos (ASSITEJ)que se celebrará en Seul este verán. Mentres, na Coruña vén de comezar a tempada teatral co Ciclo de Teatro Caixanova, que levará a cidade grandes clásicos da arte escénica.

Berrobambán en Seul

A compañía compostelá Berrobambán representará a España no XIV congreso da ASSITEJ que se celebrará entre o 20 e o 28 de Xullo en Seul. Este é o primeiro congreso desta asociación internacional que se celebra no continente asiático.
Ademais de Berrobambám, que representará o seu espectáculo "Diariamente" acudirán a Seul unha compañía belga, unha alemana, unha dinamarquesa, unha sueca e outra inglesa.
Esta é a primeira vez que unha compañía do Estado Español participa neste festival desde 1978, e é a primeira vez que o fai un grupo galego.
Berrobambán naceu como compañía en 1995 e realizou cinco montaxes para o público infantil e xuvenil, desenvolvendo o proxecto Asteroide B-612, a primeira programación estable en Galicia para familias que inclúe música, teatro e danza e que se representa en diferentes localidades do país coa participación de compañías galegas, españolas, portuguesas e francesas.

Tempada na Coruña

O Ciclo de Teatro Caixanova da Coruña achegará a esta cidade obras clásicas do xénero coma "Edipo Rey" que se estivo representando os pasados días 18 e 19.
A seguinte obra que se poderá ver entre os días 24 e 26 de febreiro será "Rosalía" de Roberto Vidal Bolaño, a cargo do Centro Dramático Galegao. Para febreiro poderán verse clásicos coma "Panorama desde a ponte" de Arthur Miller ou "Misericordia" de Benito Pérez Galdós.
O ciclo continúa ata a o se de xuño con obras coma "Diario de Ana Frank,", "O último verán", "Tio Vania" de Chéjov e "As ledas comadres de Windsor" de Shakespeare e remata con "Fausto" de Christopher Marlowe e "Mede" e Eurípides que representará os días catro e cinco de xuño.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Teatro, Berrobambán, Clásicos...