Por primeira vez, unha compañÃa galega de teatro está de xira por Canadá. Unha representación dos actos cotiáns transformados en comedia foi a chave que levou ao grupo Berrobambán ata o festival internacional de teatro para nenos. Mentres gozan do recoñecemento internacional os membros da compañÃa denuncian a falta de atención ao teatro para nenos no noso paÃs.
Unha serie de personaxes inician o seu dÃa cos actos máis cotiáns. Saen da cama, almorzan, dúchanse, saen de paseo ou tenden a roupa... Sen embargo, esas tarefas tan habituais complÃcanse de diferentes modos e crean situacións do máis hilarante. Esta é a base do argumento de “Diariamente”, a obra que levou á compañÃa galega Berrobambán a realizar unha xira polos maiores festivais de teatro para nenos de Canadá nunha xira que organiza o instituto de artes para xente nova deste paÃs. “A obra consiste en rutinas diarias para os nenos que nós recreamos en clave de clown”, explica Paula Carballeira, membro do grupo. "Os catro clowns da obra xogan coas rutinas cotiás e transforman o feito de ler o xornal nun enredo, o almorzo nunha loita, a ducha nun circo, a comida nun partido de tenis, de baloncesto, de beisbol..." Sobre esta sinxela idea, constrúese unha historia completamente muda, a base de xestos e que exixe a interacción do público infantil para o seu desenvolvemento. "As palabras non son necesarias, abonda coa linguaxe corporal e co sentido do humor, o público infantil é moi sensible á intención de comunicación, entende o contexto e o xogo. Nós estamos a xogar todo o tempo e o público entende e xoga connosco”, explica Carballeira.
O camiño a Canadá
A historia de como unha compañÃa galega de teatro infantil, un xénero con escasa difusión no noso paÃs, acaba participando nalgúns dos máis importantes festivais de Norteamérica é, cando menos, curiosa. Todo comezou en Seúl. Alà foran Berrorbambán no 2002 para participar no XIV Assitej Congress & Festival, o maior encontro internacional dedicado ás artes escénicas para os máis novos, sendo a primeira compañÃa galega que participaba neste evento. A obra muda deste grupo gustoulle a Lindy Sisson, responsable do Festival Internacional de Teatro Infantil de Vancúver, que argallou con eles a "Daily Canadian Tour", a primeira xira dun espectáculo galego neste paÃs. Desde o once de maio e ata o once de xuño deste ano, o grupo está a realizar unha frenética actividade que comprende trinta funcións en seis cidades diferentes, o que os fará chegar a, aproximadamente, seis mil nenos e nenas. Nanaimo, Vancúver, Calgary, Penticton e Saskatoon e London (Ontario) son os lugares nos que se poderán ver as aventuras cotiás destes clowns. Esta é, ademais, a xira máis longa de cantas realizou unha compañÃa galega no estranxeiro.
Unidade didáctica
Canda a obra, o grupo desenvolveu, en colaboración co Festival Internacional de Calgary, unha unidade didáctica na que se aproveita o espectáculo para tratar de xeito educativo co público infantil cuestións coma a figura do clown e do teatro do mimo. Na mesma inclúense preguntas para que os nenos reflexionen sobre a súa propia actividade cotiá e o xeito en que se poden facer máis divertidas, e anÃmase aos rapaces a facer as súas propias iniciativas co teatro de xestos. Ademais, tamén se lles fai reflexionar sobre o feito de que a compañÃa provén dunha cultura e dun paÃs diferente, e o xeito en conseguen comunicarse co público, aproveitando mesmo para facer un achegamento a Galicia e a súa cultura. Esta non é a primeira experiencia con este tipo de textos que aborda a compañÃa, que xa desenvolvera con Miguel Vázquez Freire unha unidade didáctica sobre o teatro no século XX.
A situación infantil
"En Galicia hai un teatro infantil de calidade, moi exportable e ao nivel doutras compañÃas internacionais, o que é destacable porque, dez anos atrás, o teatro infantil de actores e actrices en Galicia era case inexistente. Hai unha longa tradición de teatro de tÃteres e de monicreques, pero non de teatro infantil de actores e actrices, que para nós ten unhas claves diferentes ás do público adulto", sinala Carballeira. Precisamente Berrobambán foi un dos grupos pioneiros neste xénero ao se crear nacemento en 1996 a partir de membros da Aula de Teatro da Unviersidade de Santiago de Compostela. "As persoas que formamos parte de Berrobambán temos un marcado interese polo público infantil e o seu xeito de ver as cousas. Gústanos actuar para nenos, xogar con eles, probar novas formas, deixar libre a nosa imaxinación". Desde que se consolidou como compañÃa profesional, o grupo desenvolveu cinco montaxes para xente nova e dúas para adultos. Ademais, encargouse a única programación estable desta arte para nenos, Asteroide B-612, nos concellos de Compostela e Ferrol. Nesta actividade integrábase, ademais de teatro, música e outras artes escénicas, chegando a reunir quince músicos no escenario para o espectáculo "Movementos para trasnos e trastes".
Un lugar na escena
A pesar desta experiencia e do incremento de compañÃas galegas que traballan para este sector de público, desde Berrobambán denuncian falta de apoio desde a administración a esta especialidade. "Na edición deste ano da Feira de Teatro de Galicia, ao igual que o ano anterior, todas as obras de teatro infantil que se presentan son de compañÃas de fóra", apuntan. "En cinco anos de programación de teatro infantil de actor no Salón Teatro, dun total de vinte e cinco funcións, só tres compañÃas eran galegas". Desde o colectivo sinalan os nomes doutros grupos do paÃs que traballan tamén, total ou de xeito parcial con nenos. "TalÃa Teatro, Sarabela, Teatro A4, Migallas, Trinke-Trinke, Ubu, FactorÃa..." e sinalan que "o que pretendemos desde Berrobambán é reivindicar e dignificar o teatro infantil ao mesmo nivel que o teatro para público adulto, e coidamos que cun traballo serio podemos conseguilo, non só nos, senón moitas outras compañÃas". Facer esa xira por Canadá semella, cando menos, un paso importante cara a ese fin.