A compañía santiaguesa Berrobambán realizará catro representacións en Seúl dentro do Congreso Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade (ASSITEJ). A compañía galega é a única de todo o estado que participa neste evento desde 1978. Berrobambán porá en escena "Diariamente", unha obra que seu puido ver en Galicia durante o ano 2000 e que recrea con humor a vida cotiá.
Máis sobre a visita a Corea en culturagalega.org; sobre Assitej; sobre Berrobambán e o seu traballo.
