Morre a poeta Luz Fandiño

Estaba moi vinculada ao activismo social

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Luz Fandiño. Foto: Andy da Fonte / Wikipedia

Luz Fandiño. Foto: Andy da Fonte / Wikipedia

O pasado 28 de abril morreu en Compostela a poeta Luz Fandiño, todo un símbolo para distintas xeracións de creadores literarios e o activismo social de esquerdas na cidade. Fandiño, natural de Santiago, tivo unha vida marcada pola emigración á Arxentina e a Francia, aínda que xa en 1979 retornara a Compostela, onde se formou de xeito autodidacta. En 1998 publico o seu primeiro texto, Farangulilña de neve, e a partir de aí foi dando á luz distintos libros de relatos infantís ou poemarios. De feito, a súa última obra, autoeditada en 2024, titulábase No corazón da terra e era un libro intimista dedicado á súa nai e avoa. Comprometida coas causas do feminismo, o nacionalismo e os movementos sociais, Fandiño deixou un longo ronsel de apoios e redes de afecto.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Fandiño, Arxentina, Francia, Santiago de Compostela