Stella Maris González Balbuena, filla de Evaristo de Sela, asinou un convenio de doazón de fondos arquivÃsticos e bibliográficos pertencentes ao seu proxenitor, coa fundación Penzol. O autor asinaba literariamente como Evaristo de Sela, pero se chamaba Evaristo González Fernández. Foi un destacado helenista e docente de secundaria en Vigo, cunha vida atravesada polos avatares do século XX. Nacido en 1917 na Granxa (Sela, Arbo), chegou a ser novizo en Marquain (Bélxica). Durante a guerra civil negouse á ir á fronte e foi condenado por desertor nun consello de guerra, que o destinou a reclusión militar perpetua. Dela puido saÃr en 1942. Posteriormente foi docente no ensino privado ata obter praza no público como profesor de Grego. Alà se xubilarÃa como catedrático. Como destacado helenista, publicou en 1977 en Edicións Castrelos fragmentos dos cantos da IlÃada, que logo serÃan publicados de xeito Ãntegro polo Consello da Cultura Galega en 1990. En 1992, a mesma entidade publicarÃa a Odisea. A Xunta de Galicia publicarÃa tamén en 1991 a súa antoloxÃa de PoesÃa neohelénica (1708-1977), con versións galegas traducidas do grego moderno. Posteriormente, a súa filla editarÃa a súa obra poética en Versos de preso e outras rimas (Ediciós do castro, 2007). Entre os fondos doados atópanse diferentes manuscritos de poemas escritos na súa estadÃa en diferentes cadeas, unha autobiografÃa inacabada, creacións literarias e materiais administrativos.