Os versos dunha xeración maldecida

O Consello da Cultura Galega edita o facsímile do poemario Reflejos en las orillas del Sena de José Pastoriza

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os versos dunha xeración maldecida

O drama do exilio e da guerra civil tamén se expresou en moitas ocasións a través de versos. Pero os do marinense José Pastoriza Soto ficaran esquencidos, desde que os deu a luz en 1975 en París, onde este antigo militante anarquista, bombatente na Guerra civil e logo refuxiado en Francia. Como consecuencia das sabotaxes na industria militar nas que colaboraba, foi enviado a Alxeria. Trala Segunda Guerra Mundial continuou en Francia, vinculado á prensa anarcosindicalista, e publicou a obra Reflejos en las orillas del Sena en 1975. O libro conta cun estudo introdutorio de Eliseo Fernández e Dionisio Pereira no que dan contada peripecia vital de José Pastoriza. O libro está de descarga gratuíta na web do Consello da Cultura Galega e pertence á colección Clásicos da Emigración, na que se recuperan textos producidos fóra de Galicia por emigrantes e exiliados.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Guerra Civil, Francia, Dionisio Pereira...