Anatomía dun presentador de Galicia

O Álbum de Galicia acolle unha biografía do escritor José María Castroviejo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
José María Castroviejo cun exemplar de pita do monte dos Ancares no Museo de Ciencias Naturais da USC

José María Castroviejo cun exemplar de pita do monte dos Ancares no Museo de Ciencias Naturais da USC

O Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega publicou esta semana a biografía de José María Castroviejo, unha das figuras máis destacadas e mediáticas da cultura galega durante o período franquista. Castroviejo procedía dunha familia culta da burguesía e baixa fidalguía galegas, que se moveu nos círculos do Seminario de Estudos Galegos e do grupo Nós ata a Guerra civil, onde loitou no bando nacional como requeté carlista. Trala guerra e tralo desencanto co goberno de Franco, insertouse na cultura e comunicación galegas, como director do xornal vigués El pueblo gallego, frecuente conferenciante, escritor e cazador, profundo coñecedor e narrador do medio rural, a gastronomía e a paisaxe do país. Castroviejo convertiuse, xunto con Álvaro Cunqueiro, nunha das figuras da cultura empregadas adoito para explicar Galicia tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. A biografía, elaborada por Patricia Arias Chachero coa colaboración de María Castroviejo, dá conta das súas inquedanzas culturais, do seu círculo de amizades, a súa obra e as súas vicisitudes políticas e culturais.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando a cultura baixou á cova

Cando a cultura baixou á cova

A nomenclatura cultural de hai medio século asistiu ao nacemento da espeleoloxía galega na primeira expedición á Cova do Rei Cintolo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con José María Castroviejo, Álbum de Galicia, Anatomía, Patricia Arias Chachero...