Un libro documenta como se viviu a Guerra Civil en Galicia

Os libros de historia

7/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
26 lecturas | Compartido 0 veces
A Guerra Civil librouse en Galicia dun xeito diferente do resto do Estado. A resistencia ao levantamento militar foi rapidamente sofocada en Galicia, e as claves que explican porque foi así están no libro “O que fixeron en Galicia. Violencia, represión e exilio (1936-1939)”. Coordinado por Jesús de Juana e Julio Prada o libro preséntase esta tarde, ás 19:00 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG). No acto intervirán Ramón Villares, Presidente do CCG e autor do prólogo; Gonzalo Pontón, Conselleiro-delegado de Editorial Crítica e o escritor Suso de Toro.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios