É a pintora máis coñecida da plástica galega. Maruja Mallo foi unha das grandes artistas do século XX e está a ser cada vez máis valorada por crítica e público. Alén do seu quefacer artístico, Mallo tamén tivo unha historia vital chea de atrancos e dificultades. A súa ideoloxía republicana e laicista fixo que co estupido da Guerra Civil estivese seis meses agochada en Galicia antes de emigrar a Bos Aires. Foi en Arxentina onde escribiu Relato veraz da realidade de Galicia, que publicou no seu momento o diario La Vanguardia. Un texto que agora acaba de recuperar o xornalista Arturo del Villar na súa obra Maruja Mallo, pintora do pobo, testemuña do que fixeron en Galicia.
Recuperan o relato no que Maruja Mallo contou o seu exilio trala Guerra Civil
A publicación intégrase na obra de Arturo del Villar sobre a artista
15 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
