O FIC Bueu consolida o seu programa de Residencias en Ons

Abre nova convocatoria a proxectos de guión para participar na segunda edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Equipo e participantes na edición 2023 da Residencia FICBUEU  Foto: FIC BUEU

Equipo e participantes na edición 2023 da Residencia FICBUEU Foto: FIC BUEU

O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de anunciar a apertura da convocatoria para a segunda edición da Residencia FICBUEU, o seu programa de desenvolvemento de proxectos de guión de curtametraxe que terá lugar novamente este outono na Illa de Ons. En outubro de 2023 o certame bueuense estreou o seu proxecto de residencias para a promoción do formato curtametraxe, chegando a recibir un total de 122 propostas das que catro foron seleccionadas para ser titorizadas pola profesionais do audiovisual durante unha semana para o estudo e mellora dos seus guións. A II Residencia FICBUEU terá lugar na Illa de Ons do 16 ao 23 de outubro e contará novamente coa titorización por parte de recoñecidas profesionais do cinema cuxos nomes serán anunciados nos vindeiros meses. A metodoloxía do programa contempla diferentes tipos de encontros para o traballo nos guións (titorías individuais e colectivas), así como formacións específicas noutros aspectos a ter en conta á hora de fortalecer os proxectos audiovisuais. Ademais, durante toda a semana serán levadas a cabo varias reunións de produción grazas ás que a organización poderá coñecer o avance e estado das proposta e escoller a premiada desta edición. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de maio. Será o equipo do FICBUEU xunto coa persoa encargada da titorización quen seleccione os catro proxectos finalistas.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ons, Guión, FICBueu, Cine

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares