Miguel de Lira premiado no FICBUEU

O actor recollerá o Premio Cinema Galego do certame pola súa traxectoria

25/8/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
34 lecturas | Compartido 0 veces

O actor Miguel de Lira (Lira, 1964) recibirá o Premio Cinema Galego da 15ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, FICBUEU, que se celebrará entre o 11 e o 24 de setembro. O galardón recoñece a a prolífica traxectoria do intérprete e a súa achega e compromiso coa sociedade e a cultura galegas. Como lembran desde a organización do FICBUEU, Miguel de Lira ten participado en máis de vinte películas ademais de moitos traballos para televisión que lle valeron ata seis candidaturas finalistas como intérprete nos Premios Mestre Mateo do audiovisual galega, que recolleu en tres ocasións. De Lira recollerá o seu premio e participará do programa do 15º FICBUEU cunha entrevista co periodista e produtor Gaspar Broullón, co que repasará os momentos máis destacables da súa carreira. Esta conversación estará dispoñible posteriormente en líña tras do festival a través do Canal FICBUEU.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares