Os premios 'Mil Primaveras' galardoan catro iniciativas de difusión do galego

Apoia campañas e iniciativas de normalización e fomento da lingua

9/4/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os premios 'Mil Primaveras' son concedidos anualmente pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa colaboración económica da Deputación de Pontevedra e valoran "accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio". Desta volta, os premios foron outorgados a catro proxectos distintos, sen distincións entre eles. Son o programa "Aquí tamén se fala" (IES Rafael Dieste, A Coruña), que tiña o obxecto de acadar a "implicación do alumnado para concienciar o conxunto da sociedade sobre o uso da lingua". O CeibaRimas, promovido pola produtora audiovisual Merenda Creativa buscaba "dinamizar o uso do idioma nas artes entre a mocidade. Con este obxectivo introdúcese no ambiente da xente máis nova a través dos espazos de improvisación oral, o coñecido como freestyle ou rap improvisado". A iniciativa de voluntariado lingüístico Elos (Departamento de lingua galega do concello de Santiago de Compostela) "favorece a socialización e a integración da poboación que quere aprender a nosa lingua a través da conversa en contextos informais". Pola súa banda, Recuncho gamer tira proveito de propio soporte dos xogos de ordenador para que a lingua estea presente nun "ámbito estratéxico e moi atractivo para un sector da poboación".

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rafael Dieste, Lingua galega, CTNL, Concello de Santiago de Compostela...