O XI CiP ofrecerá a presentación de ata 20 webseries

O festival internacional de contidos dixitais comeza este xoves en Carballo

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualComunicación
Compartir:
O XI CiP ofrecerá a presentación de ata 20 webseries

Todo está preparado xa na localidade coruñesa de Carballo para dar inicio este xoves á edición XI do Carballo InterPlay, o encontro de contidos dixitais de referencia no país. Durante catro días, ata o domingo 7 de abril o festival acollerá a exhibición de ata 20 webseries galegas, do resto de España e estranxeiras, que compiten en catro categorías da sección oficial ademais das correspondentes á Creación dixital galega. Cabe destacar que na súa xornada inaugural estrearase a web serie "A moza que abortou e o contou", unha produción resultante de ter gañado na edición anterior do CiP o premio a Mellor Proxecto de Serie Web, para apoiar a súa realización. O festival reúne a creadores con diversos tipos de proxectos multimedia pensados para a difusión vía web, multiplataforma ou redes sociais, entre os que ademais de webseries, hai diferentes tipos de podcasts, videoxogos e outros produtos. Obradoiros, encontros con profesionais, espectáculos e outras actividades completan o programa deste XI CiP entre o xoves e o domingo que volverán facer de carballo o centro neurálxico da creación dixital.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Interplay, Medios de comunicación

Claves

Entidades
Lugares