'Go Home' leva a tensión co turismo masivo aos escenarios en forma de comedia negra

Este xoves estréase na Estrada a montaxe dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Josito Porto e David Amor

Este xoves estréase na Estrada a montaxe dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Josito Porto e David Amor
O Teatro principal da estrada acolle este xoves, 21 de marzo, a estrea da montaxe 'Go Home', unha comedia negra con dramaturxia de José Prieto e dirección de Tito Asorey. A obra, producida por Etiqueta negra está protagonizada por Josito Porto e David Amor, aborda desde un punto de vista da traxicomedia os efectos nocivos do turismo masivo e as tensións que xera levadas ao límite. 'Go Home' conta a historia de David, un fanático das viaxes que tras facer todas as aventuras que as axencias de turismo poden ofrecer vive unha "aventura sorpresa" en O Cebreiro que o fará vivir emocións de gran intensidade. Despois da estrea n'A Estrada o espectáculo tamén se representará con dúas datas no Teatro Coliseo Noela de Noia os días 23 e 24, para ir despois a Viveiro e representarse na Coruña no marco do Encuentro Mundial de Humorismo, como primeiras datas xa confirmadas.

Ligazóns