Escenas do Cambio celebra o seu décimo aniversario no Gaiás

O festival de artes escénicas ofrecerá trece espectáculos diversos entre o 3 e o 5 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Escenas do Cambio celebra o seu décimo aniversario no Gaiás

A Xª edición do festival de artes escénicas Escenas do Cambio xa ten programa para celebrarse na Cidade da Cultura de Galicia entre os días 3 e 5 de maio baixo a dirección artística de Kirenia Martínez Acosta. Esta celebración dunha década incluirá de novo diversas propostas que teñen que ver coa danza, o teatro e as artes performativas, oito das trece pezas neste caso, preparadas para o lugar, que tentan crear un diálogo entre si e unha "conexión conceptual" entre elas. Tres destes espectáculos son de creación galega e dous deles estreas absolutas. Cris Vilariño e Diego M. Buceta lideran o primeiro, "Millo Vello", unha coprodución do Centro Coreaográfico Galego que desafía a desconexión acelerada da sociedade actual cun dúo de danza e batería. O segundo volverá desde Berlín con David Loira e Blondi. Unha peza de estética provocativa que confronta posturas políticas actuais con eventos históricos, buscando crear beleza en resposta ao rexeitamento e á discriminación. O terceiro chega da man de Yuraq Walla e Emilio Horyaans, que presentan Remix X, unha sesión de DJ e creación visual que recupera imaxes das edicións anteriores do festival. Ademais diso no festival estará tamén o Gallaecia Ensemble Barroco con CALIDOSCOPIO, Mateo Feijóo coa lectura do MANIFESTO e as bailarinas Clara Ferrao, Marcia Vázquez,Ana Beatriz Pérez e Raquel Ferradás en PRUSIK. Diversos espazos da Cidade da Cultura acollerán o esspectáculos, que tamén chegarán ás rúas da cidade vella de Santiago de Compostela nalgún dos casos.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escenas do Cambio, Artes Escénicas, Danza, Gaiás...