O Concello de Curtis inauguraba oficialmente este 13 de marzo a Casa Museo MarÃa Antonia Dans. O novo espazo recupera tres edificacións do inmoble no que a pintora, protagonista do DÃa da Ilustración en 2023, pasou boa parte da súa infancia e mocidade. Esta é a primeira casa museo dedicada a unha pintora no noso paÃs.
Os edificios da casa e do estudio desta creadora acollen unha exposición permanente das súas obras ademais de recrear os espazos que habitou con diferentes documentos e obxectos persoais. Canda a estes, o terceiro edificio acolle exposicións temporais de diferentes artistas, unha actividade que xa iniciou o pasado verán de 2023.
O proxecto da Casa Museo botou a andar en 2018 da man do Concello e da Deputación Provincial, que achegou 56.000 euros para a adquisición do inmoble. A iniciativa contou cun investimento de 250.000 euros da Xunta de Galicia, que cubriu un 56% do orzamento desta iniciativa, cifrado en 449.248,80.
Na inauguración do centro, o presidente en funcións da Xunta destacou a importancia de Dans "Polo que supón no panorama artÃstico en Galicia, por toda a súa obra pictórica, por todo o que representou... Dans manda, como fan os grandes artistas, mensaxes a través da súa obra". O deputado provincial José Ramón Rioboo, pola súa banda, apuntou que a artista "era unha adiantada ao seu tempo, e tamén por iso é tan loable o seu traballo, xa que expresa as dificultades polas que pasaban miles de galegas e reivindica unha loita polos dereitos civÃs das mulleres que non estaba tan vixente no século pasado".
Desde o pasado 9 de marzo e ata o vindeiro 9 de abril, as instalacións acollen a exposición Simbolismo, idiosincrasia e natureza do colectivo pictórico Grupo Galeoska.